pirimidina

pirimidina
Nome científico: [C<sub> 4</sub> H<sub> 4</sub> N<sub> 2</sub> ]
s f [QUÍM]

Composto heterocíclico que consiste nun anel de seis membros insaturado que con dous átomos de nitróxeno en posicións relativas 1, 3. Foi sistematizado en 1900 por Siegmund Gabriel. Un gran número de derivados da pirimidina, denominados bases pirimidínicas son de grande importancia biolóxica e forman parte dos ácidos nucleicos, que se obteñen por hidrólise total.

Palabras veciñas

piriforme | pirilio | pirimídico -ca | pirimidina | pirimidínico -ca | Pirin | pirineo