pirocatecol

pirocatecol

(< piro- + catecol)

Nome científico: [1,2-bencenodiol,1,2-dihidroxibenceno:C<sub> 6</sub> H<sub> 6</sub> O<sub> 2</sub> ]
s m [QUÍM]

Composto fenólico cristalino incoloro que se colorea en presenza do aire e da luz, especialmente cando está húmido. Emprégase como antiséptico, en fotografía, na obtención de colorantes e como antioxidante. OBS: Tamén se denomina 1,2-dihidroxibenceno e pirocatequina.

Palabras veciñas

1 pirlón | piro- | pirobalística | pirocatecol | pirocatequina | piroclástico -ca | piroclasto