pirofilita

pirofilita

(< piro- + filita)

s f [MINERAL]

Silicato hidratado de aluminio, de fórmula Al2Si4O10(OH)2, que cristaliza no sistema monoclínico. Desde un punto de vista estrutural, pertence ao grupo dos filosilicatos. É de cor branca ou amarela clara, a miúdo tinguida de vermello ou marrón por óxidos de ferro. Nas superficies de exfoliación presenta un brillo perlado, aínda que no resto é mate. Atópase en cantidades importantes en Piedmont (EE UU).