pirofórico -ca
pirofórico -ca
(< piróforo)
adx
[QUÍM/IND]
Aplícase ás substancias que se inflaman espontaneamente ao entraren en contacto co aire. Son pirofóricas moitas aliaxes, en estado suficiente de división, polo feito de combinar as súas partículas co osíxeno e inflamarse, como é o caso do ferrocerio, que se emprega para fabricar as pedras dos acendedores.