piropo

piropo

(

  1. s m [MINERAL]

    Silicato de aluminio e magnesio, de fórmula Mg 3 Al 2 (SiO 4 ) 3 . É un mineral do grupo do granate, de cor vermella e moi apreciado en xoiaría.

  2. s m
    1. Palabra ou expresión con que se gaba ou eloxia algo ou a alguén.

      Ex: Non puideron máis que dicirlles piropos polo bo traballo que fixeron.

    2. Palabra ou expresión dirixida a alguén, eloxiando a súa beleza.

      Ex: Botáronlle uns piropos cando ía pola rúa.

Refráns

  • ¡Benia o pan que presta e a moza que o come!

Palabras veciñas

piromorfita | pirona | piroplasmose | piropo | piróscafo | piroscopia | piroscopio