piróxeno -na
piróxeno -na
(< piro- + -xeno)
-
adx
[PAT]
piretóxeno.
-
s
m
[MED]
Produto de orixe microbiana que, se se atopa nos inxectables, dá lugar a unha reacción febril. A comprobación de ausencia de piróxenos nos inxectables faise en coellos medindo o aumento de temperatura rectal despois de lle inxectaren o líquido na vea marxinal da orella. Despois, faise a comparación cun coello sensible ao que se lle inxecta auga destilada non piróxena. Nalgúns casos, os piróxenos poden ser eliminados das solucións por oxidación ou por absorción con silicato magnésico ou cálcico ou, tamén, con carbón activo.