Pisidia

Pisidia

Antiga rexión de Asia Menor, situada entre Panfilia ao S, Frixia ao NO, Licaonia ao NL, Cilicia ao SL, e Licia ao SO. Habitada polos pisidios, no segundo milenio a C foi sometida polos hititas. Foco de continuas rebelións, foi ocupada en 322 a C polos persas. Pasou ao Reino de Pérgamo e en 102 a C foi agregada á provincia romana de Asia, máis tarde á de Cilicia e finalmente en 25 a C á de Galacia. Diocleciano constituíuna en provincia independente. Cristianizada, tivo vinte e cinco sés episcopais.