Pithecanthropus
Pithecanthropus
[ANTROP/FISIO]
Xénero de homínidos primitivos, englobado actualmente dentro das subespecies Homo erectus erectus e Homo erectus pekinensis. Viviu hai aproximadamente un millón de anos, na primeira metade do Plistoceno, ten caracteres propios dos simios, como cranio estreito, fronte moi inclinada cara a atrás, mandíbula robusta, queixo dirixido cara a atrás e diastema entre incisivos e caninos da mandíbula superior, pouca capacidade cranial e arcadas supraorbitais prominentes. Foron atopados restos en Xava e en China. OBS: Tamén se denomina home de Pequín.