pítico -ca
pítico -ca
(< lat pythĭcus < grΠυφικός)
-
adx
Relativo ou pertencente a Apolo Pitio.
-
xogos píticos
[HIST/MIT]
Xogos que se celebraban na antiga Grecia en honor de Apolo, quen as instituíu despois de matar a Pitón. Tiñan lugar cada catro anos aos pés do Parnaso, no teatro ou no estadio de Delfos e, orixinariamente, constaban dunha competición musical. A parte máis destacada, en cambio, constituíana sempre a execución do nomós pítico, que representaba, musicalmente e con acompañamento do mimo, a loita do deus co ofidio.