Pitón
Pitón
[MIT]
Serpe da mitoloxía grega, filla da Terra, que naceu despois do dioivo de Deucalión, que mataba homes e bestas na chaira de Crisa, na Fócida, e emitía oráculos preto dunha fonte situada aos pés do Parnaso, non lonxe de Delfos. Apolo deulle morte despois dun duro combate que, na época histórica, sería lembrado nas festas e xogos píticos.