pitósporo
pitósporo
(
s
m
[PLANTA]
Arbusto perennifolio de 1 a 3 m de altura, follas alternas, ovais, enteiras, coriáceas, dunha cor verde escura brillante, inflorescencias terminais de flores pequenas, de cor branca, de moita fragrancia e froito en cápsula ovoide ou globosa. Florece a finais do inverno ou en primavera, entre marzo e xuño. É orixinario de China e Xapón. En Galicia é un arbusto moi frecuente e abundante en parques e xardíns.