planh*

planh*
s m [LIT]

Xénero lírico provenzal, constituído por un lamento fúnebre pola morte dun personaxe da alta sociedade, en moitas ocasións protector do poeta, dun amigo ou dunha amada. Xeralmente está elaborado ao redor de tres elementos temáticos: o lamento, o eloxio e a oración, e non desenvolve ningunha forma métrica especial.

Palabras veciñas

Planetetherium | planetoide | planetoloxía | planh* | plani- | planicie | planificación