plano -na

plano -na

(

  1. adx

    Que non ten curvaturas, ondulacións, elevacións nin depresións.

    Ex: Necesitaban un terreo plano para poder aterrar coa avioneta.

  2. adx

    Que carece de cambios bruscos ou relevantes.

    Ex: Os protagonistas eran personaxes planos.

  3. adx [MAT]
    1. Que ten todos os elementos situados nun plano.

    2. Aplícase á xeometría ou trigonometría que tratan de figuras planas ou de ángulos planos.

  4. [MAT]
    1. s m

      Superficie tal que calquera recta que pase por dous dos seus puntos estea totalmente contida nesta superficie. Determínase mediante tres puntos non aliñados, ou ben dúas rectas que se corten ou que sexan paralelas, ou ben por un punto e unha recta que non conteñan o punto. No espazo euclídeo R 3 represéntase mediante a ecuación A(x - x 1 ) + B(y - y 1 ) + C(z - z 1 ) = 0, na que x 1 , y 1 , z 1 son as tres coordenadas dun punto P 1 dado dese plano, e A, B, C son as tres compoñentes dun vector N normal ao plano.

    2. plano bisector

      Plano que pasa pola aresta dun ángulo diédrico e que o divide en dous ángulos iguais.

    3. plano de coordenadas

      Cada un dos tres planos que se cortan nun punto e que serven para fixar a posición de calquera punto do espazo coa axuda das liñas coordenadas.

    4. plano impropio/do infinito

      Conxunto de puntos do infinito, no espazo proxectivo de tres dimensións.

    1. s m

      Superficie dun corpo máis ou menos próximo, pola súa configuración, a un plano xeométrico.

    2. s m [XEOG]

      Sector de terreo plano e de pouca extensión. Trátase dunha forma de relevo semellante a unha chaira, posto que a súa superficie non presenta moitos desniveis, pero de dimensións moito máis reducidas.

    3. plano axial [XEOL]

      dobramento.

    4. plano de macla [XEOL]

      Superficie dunha macla en que coinciden, por reflexión, os cristais que a forman.

    5. plano de xistosidade [XEOL]

      Cada unha das superficies de separación das follas dun xisto.

    6. plano inclinado [FÍS]

      Plano que forma un certo ángulo co plano horizontal. Considérase como unha das máquinas simples, e permite elevar un corpo de peso P cunha forza F moito máis pequena que P.

    1. s m

      Superficie real ou imaxinaria relativa a uns puntos, fenómenos ou obxectos situados ou levados a unha mesma altura ou distancia respecto a un determinado plano ou nivel de referencia estable.

    2. s m [AERON]

      Cada unha das superficies que nunha aeronave serven para sustentala ou estabilizala. Distínguense os planos de sustentación principais ou ás, os planos fixos horizontais, que contribúen á estabilidade lonxitudinal, e o plano de deriva, que garante a estabilidade de dirección.

    3. plano de estiba [MAR]

      Plano feito sobre o plano lonxitudinal dun barco de carga, en que se indican datos como o lugar que ocupa a carga, a súa altura ou o porto de destino.

    4. plano de flotación [MAR]

      Sección do casco dunha embarcación determinada polas liñas de flotación de ambos costados do buque. É a que separa a obra viva da obra morta.

    5. plano de incidencia [FÍS]

      Plano determinado por un proxectil ou por un raio incidente e a recta normal á superficie no punto de incidencia.

    6. plano de polarización [FÍS]

      Plano que, na propagación dunha onda transversal, se a onda é polarizada de xeito rectilíneo, está determinado pola dirección de programación da onda e a dirección de vibración da mesma, e, se a onda se polariza elipticamente, é o plano que contén a elipse de polarización.

    7. plano galáctico [ASTRON]

      Plano hipotético que foi definido por convenio e que divide a Galaxia en dúas metades, cada unha das cales é, aproximadamente, a imaxe especular da outra. É o plano de referencia para o sistema de coordenadas galácticas.

    8. plano lonxitudinal [MAR]

      Plano da sección vertical do casco dunha embarcación que contén a liña formada polos puntos medios da quilla e que vai de proa a popa.

    9. plano saxital medio [ANAT]

      Aplícase ao plano que divide o corpo do home ou dun animal, ou unha extremidade, en dúas metades, dereita e esquerda.

    10. plano transversal [ASTRON]

      Plano perpendicular ao lonxitudinal dunha embarcación, especialmente o que pasa pola caderna mestra.

    1. s m

      Representación, nunha superficie plana, da disposición dunha cidade, edificio, parque, aparato, etc, acompañada a miúdo das correspondentes indicacións onomásticas.

    2. s m [ARQUIT/ENX]

      Representación dunha máquina ou dunha obra arquitectónica ou de enxeñaría, con debuxos -feitos a escala, en planta ou alzados, globalmente ou en sección-, da estrutura e forma xerais ou de cada parte ou peza, e da distribución e proporcións do conxunto. Inclúe tamén indicacións do material que cómpre empregar neles, da decoración, complementos ou acabados que lle corresponden e das disposicións necesarias para a execución.

    3. s m

      Mapa topográfico feito a escala superior 1:10000 e inferior 1:200000.

    4. plano topográfico

      Representación gráfica dunha rexión da superficie terrestre que explicita as características planimétricas da rexión.

    5. plano urbanístico [URBAN]

      Representación, nunha superficie plana ou en maqueta, da ordenación, total ou parcial, dunha cidade ou dun núcleo ou conxunto de núcleos urbanos. Fálase tamén de plano metropolitano ou comarcal.

  5. [IMAX]
    1. s m

      Unidade fílmica que comprende un conxunto de fotogramas correspondentes a unha soa filmación estática. A lonxitude de cada plano exprésase en metros e fotogramas, e a súa duración pode chegar ata os once segundos.

    2. plano americano

      Plano que recolle aproximadamente a imaxe de tres cuartas partes do corpo humano, ata os xeonllos.

    3. plano medio

      Plano que recolle a imaxe da metade do corpo dos personaxes.

    4. plano xeral

      Plano que recolle a totalidade da imaxe dun escenario, natural ou de estudio.

    5. primeiro plano

      Plano que recolle a imaxe dun detalle concreto dun personaxe ou dun obxecto.

  6. s m [ARTE]
    1. Cada unha das superficies imaxinarias dun debuxo, cadro, relevo ou fotografía, determinadas pola distancia que manteñen respecto á superficie real do debuxo, cadro, relevo ou fotografía. Tamén se denomina plano vertical ou de proxección, e nel sitúanse as diversas figuras que integran o conxunto. Neste sentido, fálase de primeiro plano (o máis próximo ao espectador), segundo plano, terceiro plano e último plano.

    2. Debuxo que representa a proxeción ortogonal dunha peza ou obxecto, ou dun dos seus talles ou seccións.

    3. plano fixo

      Plano en que se indican as dimensións das partes que alí se representan.

    4. plano horizontal/do horizonte

      Superficie plana horizontal que pasa pola vista do espectador e corta perpendicularmente o plano vertical, e ao mesmo tempo determina unha recta, denominada liña do horizonte, que contén o punto principal e o punto ou puntos de fuga.

    5. plano vertical/de proxección/óptico

      Superficie vertical, e usualmente plana, interposta entre o ollo, ou centro de proxección ou de vista, e a figura ou figuras que se queren representar e que reciben dela a súa proxección. Corresponde á superficie real do debuxo, cadro, relevo ou fotografía.

    6. plano xeométrico/xeometral/de terra

      Superficie plana de referencia que se imaxina paralela ao plano horizontal e que corresponde ao chan ou pavimento onde están ou se poñen os pés da figura que se quere representar. Da súa intersección co plano vertical resulta a liña de terra ou recta fundamental.

  7. s m
    1. Nivel ou posición de relación de algo.

      Ex: Non compares ambas cousas xa que pertencen a planos diferentes.

    2. Aspecto ou punto de vista que se ten de algo ou desde o que se considera algo.

      Ex: Explicou as súas ideas desde un plano excesivamente culto.

  8. plano de simetría [FÍS]

    Elemento de simetría que indica unha reflexión. As figuras simétricas en relación con este plano teñen a mesma relación que entre un obxecto e a imaxe obtida cun espello plano.

Frases feitas

  • De/En primeiro plano. Nun lugar destacado.

Palabras veciñas

Planken | planning* | Plano | plano -na | plano- | planocigoto | planocilíndrico -ca