Planorbis
Planorbis
[ANIMAL]
Xénero de moluscos gasterópodos, da subclase dos pulmonados, que se caracteriza polo feito de ter a cuncha delgada e plana, dunha lonxitude inferior a 2 cm e coa espiral desenvolvida nun plano. Habita entre os vexetais e nas augas estancadas.