plumaxe

plumaxe

(< 1 pluma)

  1. s f

    Conxunto de plumas que cobren o corpo dunha ave.

  2. plumaxe nupcial [ORNIT]

    Plumaxe que algunhas especies de ave presentan durante o período de reprodución e que adoita distinguirse polo colorido conspicuo e, ás veces, pola presenza de ornamentos, como as plumas dos lados da cabeza do somorgullo. Con frecuencia é exclusivo dos machos. Denomínase tamén plumaxe de verán ou de primavera (ao ser nesta época cando a maioría dos paxaros se reproducen), para distinguila da plumaxe de inverno, que adoita ser de cores apagadas.

Palabras veciñas

1 pluma | 2 pluma | Plumatella | plumaxe | plumb(i/o)- | Plumbago | plumbato