plumbicón
plumbicón
s
m
[TECNOL]
Tubo analizador de imaxe baseado no vidicón, ideado por Philips en 1962, e que constitúe un perfeccionamento deste. No plumbicón a capa fotocondutora está formada por óxido de chumbo cunha finísima película de semicondutor de tipo p por unha banda e outra de tipo n pola outra. Ten unha sensibilidade moi elevada e unha resposta moito máis rápida ca o vidicón.