pobo

pobo

(

  1. s m

    Conxunto dos habitantes dun territorio.

    Ex: O pobo galego manifestouse en favor da paz.

  2. s m

    Conxunto de individuos dunha mesma etnia, cultura ou relixión.

    Ex: Realizou un estudo sobre os costumes do pobo celta.

  3. s m

    Conxunto da xente común dunha poboación. Oponse á xente das clases poderosas social e economicamente.

    Confrontacións: plebe, vulgo.
  4. [RELIX]
    1. s m

      Conxunto de fieis que participan nun acto litúrxico.

    2. pobo de Deus/pobo santo

      Designación do pobo de Israel en tanto que pobo escollido por Deus e obxecto da alianza que o obrigaba a servilo con exclusión de calquera outro deus. O Novo Testamento estende o concepto á Igrexa, chamándoa Israel de Deus ou Igrexa de Deus.

  5. pobos do mar [HIST]

    Confederación de pobos de Próximo Oriente Antigo que desde mediados do s XIII a C ata comezos do s XII a C alteraron profundamente a historia e a demografía da zona. Non se coñece con exactitude o seu lugar de orixe, pero é case seguro que procedían da área de Anatolia e o Mar Exeo. Os seus movementos puideron determinarse grazas á arqueoloxía e, sobre todo, ás fontes exipcias, xa que no transcurso duns cincuenta anos os faraóns tiveron que afrontar dúas invasións destes pobos. A primeira foi en 1232 a C, pero venceunos Merenptah. Posteriormente, parece ser que estes ou outros pobos do mar lanzaron unha serie de incursións que culminaron arredor de 1200 a C cunha invasión de Próximo Oriente: Hattuša e Karkamiş foron destruídas, e o Imperio Hitita afundiuse. Establecidos en Siria-Palestina, intentaron por segunda vez a invasión de Exipto. Segundo as fontes faraónicas, eran nesta ocasión os denyen, os tjekker, os sardos, os sículos, os wešeš e, sobre todo, os filisteos. Ramsés III venceunos (1191 a C), pero permitiu que os filisteos ocupasen a chaira costeira comprendida entre Gaza e Ascalón.