Podiceps
Podiceps
[ANIMAL/ORNIT]
Xénero de aves da familia dos podicípidos de ata 56 cm de lonxitude que presentan plumaxe de coloración escura, segundo as especies, e que ademáis varía no inverno e no estío, e co pico agudo e longo. Vive en zonas lacustres, pantanosas ou costeiras, alimentándose de pequenos invertebrados e peixes. Algúns representantes deste xénero en Galicia son o somorgullo cristado, o somorgullo orelleiro e o somorgullo pequeno.