polaroid
polaroid
(< marca rexistrada)
s
f
[IMAX]
Sistema de revelado e tipo de cámara fotográfica que permite o revelado da imaxe instantes despois de ser tomada. O seu precedente máis antigo foi a cámara Dubroni (1860) de colodión de prata, pero non foi ata 1947 que se chegou a un só proceso instantáneo, creado por Edwin H. Land e comercializado a partir de novembro de 1948 a través de Polaroid Corporation. Con este procedemento empregábase o soporte papel e as imaxes eran cor sepia. A partir de 1962 e mediante a película polacolor, foi posible tomar fotografías en cor instantáneas, aínda que cunha coloración moi inestable. Co tempo, a nova xeración de películas e a tecnoloxía de vangarda aplicada ás cámaras permitiu mellorar a calidade e fiabilidade das imaxes.