poliadición

poliadición

(< poli- + adición)

s f [QUÍM]

Reacción de polimerización que se produce pola interacción de grupos funcionais de distintas moléculas do monómero sen eliminación de ningunha molécula pequena, a diferenza das polimerizacións por condensación ou policondensación. Son exemplos característicos, as reaccións entre glicois e diisocianatos para formar poliuretanos, e as polimerizacións por abertura de anel, como a transformación do óxido de etileno en polietilenglicol e a da caprolactama en poliamida (nailon-6).