Policleto

Policleto

o Vello (Argos s V a C) Escultor grego. Condiscípulo de Mirón e coetáneo de Fidias, recibiu o ensino de Axeladas de Argos. Foi sobre todo broncista. Escultor de atletas, executou o Doríforo, obra conservada a través de copias de mármore, en que introduciu a técnica da gravitación sobre unha perna. Máis tardíos son o neno Xenocles, o Cinisco, atleta de Mantinea, o Discóforo, Heracles e o Diadumeno, que manifestan xa no seu ritmo a influencia da escola ática. Escribiu un tratado sobre a proporción, o ritmo e a simetría do corpo humano, coñecido co nome de Canon, en que defendía un esquema de proporcións perfectas segundo o que a figura representada debía medir sete veces máis ca a súa cabeza (canon das sete cabezas).