poliedro
(< grπολύεδρος)
-
[MAT]
-
s
m
Sólido limitado por catro ou máis polígonos chamados caras, cuxas interseccións constitúen as arestas, e as interseccións destas, os vértices. Un poliedro é convexo se calquera das súas seccións planas é un polígono convexo; e regular se ten as caras iguais e os ángulos iguais, sendo as caras polígonos regulares. Sábese desde a Grecia antiga que existen só cinco poliedros regulares: o tetraedro, o hexaedro (ou cubo), o octaedro, o dodecaedro e o icosaedro, que teñen 4, 6, 8, 12 e 20 caras, respectivamente. A relación de Euler asegura que nun poliedro o número de caras C e mais o número de vértices V é igual ao número de arestas A menos dous. Outros exemplos de poliedros son a pirámide, o pentaedro, o heptaedro, o decaedro ou o prisma.
-
poliedro flexible
Poliedro en que se pode modificar a súa forma sen modificar a lonxitude das curvas trazadas sobre a súa superficie.
-
s
m
-
poliedro cristalino
[FÍS]
Porción de materia cristalina limitada no exterior por caras planas espontáneas.