polígono
(
-
[MAT]
-
s
m
Figura plana e pechada formada polos segmentos rectos P 1 P 2 , P 2 P 3 ,..., P n-1 P n e P n P 1 , que se chaman lados do polígono, sendo os puntos P 1 , P 2 ,..., P n , con n ≥ 3, os vértices do polígono. Unha diagonal do polígono é o segmento recto que une dous vértices non correlativos. Un polígono é equiangular se ten iguais os seus ángulos interiores, é equilátero se ten iguais os seus lados, e é regular se ten os ángulos e os lados iguais. Un polígono está circunscrito nunha circunferencia se os seus lados son tanxentes á circunferencia, e está inscrito nunha circunferencia se os seus vértices pertencen á circunferencia. Segundo o seu número de lados, algúns polígonos reciben as seguintes denominacións especiais: triángulo (3 lados), cuadrilátero, paralelogramo, rombo, romboide, rectángulo, cadrado, trapecio (4), pentágono (5), hexágono (6), heptágono (7), octógono (8), enneágono (9), decágono (10), hendecágono (11), dodecágono (12), pentadecágono (15), icoságono (20) e n-ágono (n).
-
polígono alabeado
Figura pechada limitada por segmentos de recta que están en planos diferentes.
-
polígono esférico
Porción da superficie dunha esfera que está limitada por arcos de círculos máximos.
-
s
m
-
[FÍS]
-
polígono de forzas
Construción gráfica que serve para atopar a resultante dun sistema de forzas calquera. Se F 1 , F 2 e F 3 son as forzas, a resultante R obtense debuxando vectores fixos representantes de F 1 , F 2 e F 3, de xeito que o extremo de cada un sexa a orixe do seguinte.
-
polígono de sustentación
Polígono convexo, o menor que cobre ou envolve o conxunto de puntos en que un corpo descansa nun plano.
-
polígono funicular
Construción gráfica usada en estática para atopar a recta de aplicación da resultante dun sistema de forzas.
-
polígono de forzas
-
-
s
m
Terreo delimitado para un fin específico.
-
polígono de tiro
Campo dotado de instalacións axeitadas para que os soldados poidan exercitarse na execución, observación e manobra do fogo das armas pesadas (carros de combate, artillaría, mísiles) e das aeronaves.
-
polígono industrial
Núcleo de crecemento industrial que responde a unha localización específica das industrias.
-
s
m
-
polígono da praia
[PLANTA]
herba da becerra.