polihalita

polihalita
s f [MINERAL]

Sulfato hidratado de magnesio, calcio e potasio, de fórmula K2Ca2Mg(SO4)4·2H2O. Preséntase polo xeral en agregados fibrosos, e máis raramente en masas laminadas ou en feixes. Pode ter unha cor vermella, branca, amarela ou gris. Dáse en Ische (Austria), Vic (Lorena) e Texas.