polimorfismo
(
-
s
m
Calidade do que ten ou pode ter diferentes formas, sen cambiar a súa natureza.
-
s
m
[BIOL]
Fenómeno polo que determinados colectivos de individuos dunha mesma especie, ou de órganos dun mesmo individuo, teñen grupos morfoloxicamente diferenciables. O dimorfismo sexual, en que macho e femia da mesma especie teñen aspecto diferente, é o caso máis común de polimorfismo, aínda que tamén pode haber grupos morfolóxicos non ligados ao sexo. A diferenciación funcional entre os organismos coloniais é un exemplo de polimorfismo, como tamén o son o polimorfismo estacional e o relacionado coas diversas fases evolutivas do período vital (metamorfismo) de certos organismos como os insectos. Nos vexetais son frecuentes os polimorfismos foliares e carpelares.
-
s
m
[MINERAL]
Propiedade dunha substancia que, sen cambiar a súa fórmula química, admite a existencia de dúas fases ou modificacións.