Polinesia
Polinesia
Zona máis oriental en que se divide Oceanía, formada por milleiros de illas e arquipélagos dispersos: Hawaii, Line Islands, Midway, Cook, Polinesia Francesa, Phoenix, Tokelau, Samoa, Tonga, Pitcairn, Niue e a illa de Pascua (etnograficamente, pero non xeograficamente, comprende tamén Nova Zelanda). De orixe volcánica ou coralina, cada arquipélago ten carácter propio. O clima é tropical, cálido e húmido. A súa poboación aborixe é polinesia, moi mesturada con europeos e asiáticos.