polonesa

polonesa

(< polonés)

s f [ESPECT]

Danza nacional polaca de carácter solemne e festivo ao mesmo tempo. De compás 3/4, creouse no s XVI, pero non adquiriu o ritmo pronunciado que a fixo famosa ata 1795, aproximadamente. Cultivárona algúns compositores como Beethoven, Weber, Schubert e, sobre todo, Chopin.

Palabras veciñas

polodia | poloidal | polonés -sa | polonesa | Polonia | Polonia, Campañas de | Polonia, santa