Polygala
Polygala
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas ou sufruticosas, da familia das poligaláceas, de follas simples, enteiras e alternas, de flores con 5 sépalos e 3 pétalos, de cor azul, violeta ou branca, dispostas en acio, e de froitos capsulares. Dáse en terreos rochosos e pastos, sobre todo nas montañas.