pombo
pombo
(
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de 41 cm de lonxitude e sexos iguais, que ten a plumaxe de cor agrisada con raias brancas nas ás, manchas brancas no pescozo e cunha banda negra no extremo da cola. Habita en bosques caducifolios e de piñeirais, e pode atoparse en parques urbanos. Aliméntase de sementes, algúns froitos e algúns pequenos invertebrados. Distribúese por toda Europa e en Galicia é moi común.