pompa

pompa

(< lat pompa < grπομπή ‘procesión’, deπέμπειεν ‘enviar’)

  1. s f

    Ostentación de riqueza e de magnificencia que acompaña unha festa ou cerimonia.

    Ex: Celebraron a festa con moita pompa.

  2. s f

    Aparencia de suntuosidade e vaidade.

    Ex: Non teñen nada pero todo é pompa.

  3. s f

    Burbulla que se forma ao insuflar aire en auga con xabón. OBS: Tamén se denomina pompa de xabón.

  4. pompas fúnebres

    Conxunto de cerimonias e honras que acompañan un defunto ao camposanto.