pontifical

pontifical

(< lat pontificāle)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a un pontífice, especialmente ao papa.

  2. adx e s m

    Aplícase á misa que celebra solemnemente un bispo, abade ou prelado, revestido coas insignias pontificais con asistencia de numerosos ministros.

  3. s m

    Libro litúrxico romano que contén, para cada unha das funcións pontificais, tanto as oracións do sacramentario como o cerimonial dos antigos ordos. Promulgado en tres libros por Clemente VIII (1596), non sufriu retoques considerables ata o pontificado de Xoán XXIII e a reelaboración do Concilio Vaticano II.

  4. s m

    Conxunto de ornamentos que emprega o bispo para celebrar a misa.