Pontificia Accademia delle Scienze
Pontificia Accademia delle Scienze
Institución da curia romana que ten a súa orixe na Accademia Nazionale dei Lincei (1603-1630). A súa estrutura foi reformada por Pío XI (1936). Ten como finalidade o estudo das ciencias físicas, matemáticas e naturais, así como a súa historia. É a única academia con carácter supranacional e está composta por oitenta académicos de nomeamento pontificio, pertencentes a diversos países, elixidos sen discriminación de ningún tipo entre os máis insignes cultivadores das ciencias matemáticas e experimentais. A eles únense os académicos perdurante munere, por razón de oficio, e os académicos de honra, por razón de méritos.