Popa

Popa

Constelación austral situada entre as do Can Maior, o Unicornio, o Compás, a Vela, a Quilla, o cabalete de pintor e a Pomba. Contén dúas estrelas de segunda magnitude, cinco de terceira e varios cúmulos abertos. O astro principal, á Puppis, é unha estrela amarela de magnitude 2,76 situada a unha distancia de 142 anos luz. Antigamente, considerábase como unha parte da constelación de Argo.

Palabras veciñas

Pop, Sever | pop-art* | popa | Popa | Popa, Stefan | Popayán | pope