Porphyra

Porphyra
[PROTISTA]

Xénero de algas vermellas, da familia das banxiáceas, que posúen un talo laminar. En Galicia dáse a especie P. umbicalis, de ata 40 cm de lonxitude, mucilaxinosa e fixada ao substrato por un disco pequeno situado no centro da lámina.