Port Arthur
Port Arthur
Nome co que foi coñecida a cidade chinesa de Lüshun que, xunto con Dalian, formou a actual aglomeración urbana de Lüda. Base naval británica (1858), converteuse despois en arsenal chinés ata a ocupación temporal dos xaponeses (1895). Rusia alugouna (1898) e pola Paz de Portsmouth (1905) pasou aos xaponeses. En 1955 pasou a China.