Porta do Conde, casa da
Porta do Conde, casa da
Construción situada en Noalla (Sanxenxo). Ten unha soa planta e tres corpos unidos en escuadra, que forman un patio interior co portal de entrada. No interior do edificio destaca unha gran lareira con campá e a adega, ademais do patio central. Cara ao lado dereito da entrada sitúase un escudo.