portada

portada

(< porta)

  1. s f [ARQUIT]
    1. Portal grande.

    2. Obra de ornamentación que, para realzar a fachada principal de certos edificios suntuosos, se fai tomando como motivo o portal de entrada.

  2. s f [GRÁF]
    1. Cuberta dun libro en que figuran os datos fundamentais deste.

    2. Primeira plana dun xornal ou dunha revista.

  3. s f

    Golpe forte que se dá cunha porta ao pecharse.

Palabras veciñas

portabilidade | Portabrea | portacruz | portada | portádego | portador -ra | portaembude