Portouteiro, casa de
Portouteiro, casa de
Construción situada en Medín (O Pino). Ten unha longa fachada con poucos ocos na parte baixa. Destaca un escudo de armas dos Caamaño, Moscoso e Pardiñas, entre outros. Nas súas proximidades hai un hórreo de boas dimensións que conta con patín e solaina.