posprecipitación

posprecipitación

(

s f [QUÍM/FÍS]

Aparición lenta dunha segunda fase de precipitación, constituída por un produto diferente do que se intenta precipitar, e que sucede con posterioridade á precipitación primaria. Este fenómeno é unha causa corrente de impurificación de precipitados, e só pode ter lugar cando o líquido que aboia está sobresaturado respecto dun composto que cristaliza lentamente. Adoita darse cando, superado o produto de solubilidade dun composto, a concentración dun dos seus ións constituíntes é moi pequena.