posuidor -ra
posuidor -ra
(< posuír)
-
adx e s
Que ou quen ten ou posúe algo.
-
s
[DER]
Persoa que goza da posesión material dun ben ou dun dereito determinado, sendo ou non o propietario real. Pódese ser propietario dunha cousa sen ter a posesión efectiva dela, ou ter a posesión pero non a propiedade. Para ser considerado verdadeiro posuidor, ademais da ocupación material do ben, figuran dous elementos: o corpus e o animus possidendi. No dereito vixente presuponse a boa fe do posuidor.