potenciómetro
potenciómetro
(
s
m
[METROL/FÍS]
Dispositivo para a medida de tensións por comparación. Está formado por unha resistencia que ten un cursor desprazable ou rotatorio. Aplicando tensión entre os extremos da resistencia, obtense entre un extremo e o cursor unha tensión proporcional ao desprazamento do cursor. Compárase esta tensión coa que se quere medir, conectándoas en oposición. Empréganse como divisores de tensión de relación variable, e poden ser lineais ou logarítmicos.