pouco

pouco

(

  1. cuant
    1. En pequena cantidade ou número.

      Ex: Teño poucos cartos.

    2. De pouca intensidade.

      Ex: Había pouca luz no cuarto.

  2. s m

    Espazo de tempo pequeno.

    Ex: Espera un pouco que xa imos xuntas.

  3. adv

    De forma escasa.

    Ex: Traballa pouco.

Frases feitas

  • A cada pouco. Con frecuencia.

  • A pouco máis/Por pouco loc adv Case.

  • De aquí a pouco. Pasado algún tempo.

  • Pouco máis ou menos. Aproximadamente.

  • Pouco ou moito. Máis ou menos.

  • Aos poucos/Pouco a pouco/ Pouco e pouco. De forma intermitente.

  • Nin moito nin pouco Nada en absoluto.

  • Pouco a/e pouco. Lentamente.

Refráns

  • As migallas do eaixón moitas veces boas son.
  • Canto menos vulto, máis claridade.
  • Por pouco vaise a moito.
  • Por unha palla arde un palleiro.
  • pouco e en paz, moito se me fai.
  • Quen o pouco desprecia, inda menos merece.
  • Un pouquiño e outro pouquiño fan un moitiño.
  • Valen máis moitos poucos que poucos moitos.