prato

prato

(< lat v *plattu ‘plano’)

    1. s m

      Recipiente de diversos materiais, xeralmente redondo e máis ou menos fondo no seu centro, que se emprega para servir ou tomar os alimentos.

    2. prato chan

      Prato con moi pouca concavidade, onde se serven habitualmente os alimentos sólidos.

    3. prato fondo/sopeiro

      Prato con maior concavidade, onde se serven habitualmente os alimentos líquidos, como a sopa e as potaxes.

    4. prato de sobremesa

      Prato con moi pouca concavidade e de menor tamaño ca o prato chan, onde se serve habitualmente a sobremesa.

    1. s m

      Cada unha das comidas que compoñen un menú.

    2. s m

      Alimento preparado para ser cosumido.

    3. s m

      Porción de comida que cabe nun prato.

    4. prato combinado

      Prato rápido e de baixo prezo que está formado por diversos alimentos e que constitúe unha comida completa.

    5. prato do día

      Prato diario que ofrecen algúns restaurantes ou cafetarías e que está previamente confeccionado.

    6. prato precociñado/preparado

      Produto que se obtén por preparación culinaria industrial non completada, envasado e conservado xeralmente por ultraconxelación, e que necesita un tratamento adicional antes de ser consumido.

  1. s m
    1. Obxecto que ten unha forma similar á dun prato de comida.

    2. Cada un dos dous recipientes dunha balanza en que se colocan os pesos, por un lado, e os obxectos que se queren pesar polo outro.

    3. Peza baixa e lixeiramente cóncava que recolle a auga nunha ducha.

    4. [MÚS]

      Instrumento musical de percusión, formado por dous discos metálicos que se fan chocar un contra o outro. OBS: Adoita empregarse en plural.

    5. [DEP]

      Disco de diversos materiais e dimensións determinadas que se emprega no deporte do tiro ao prato.

  2. s m [TECNOL]
    1. Nome de diversos obxectos ou pezas, máis ou menos planos, xeralmente de contorno circular, semellantes aos pratos dunha vaixela, que adoitan formar parte dunha máquina, dun instrumento ou dun aparato.

    2. Disco dentado dunha bicicleta ou motocicleta que recibe a acción dos pedais e que transmite a forza de tracción aos piñóns da roda traseira por medio dunha cadea.

    3. Peza circular dun tocadiscos, sobre a que xiran os discos de vinilo.

    4. Mandril dunha máquina ferramenta, especialmente a do torno que soporta a materia ou peza que se vai traballar. Poden ser lisos, lixeiramente cónicos e sobre os que se dispoñen as pezas afundidas que han ser sometidas a unha nova operación, e de mordaza, formados por nunha peza cilíndrica provistas de dúas, tres, ou catro mordazas de fixación que poden ser reguladas.

  3. prato magnético [TECNOL]

    magneto.

  4. prato voador [ASTRON]

    ovni.