Precámbrico

Precámbrico

(< pre- + Cámbrico)

s m [ESTRATIG]

Termo que se refire aos tempos xeolóxicos anteriores ao Fanerozoico e, por conseguinte, inmediatamente anteriores ao sistema ou período Cámbrico, que se caracteriza pola ausencia case absoluta de fósiles. Abrangue desde a orixe da Terra, hai uns 4.500 millóns de anos, ata -570 millóns de anos, que é o comezo do Fanerozoico. Poderíase aceptarse unha división ampla en tres grandes intervalos xeolóxicos de tempo (do máis moderno ao máis antigo): Proterozoico (-570 a -2.500 millóns de anos), Arqueano (-2.500 a -3.800 millóns de anos), e os tempos anteriores, denominados Priscoanos ou Catarqueanos, que chegan á orixe da Terra (-4.500 millóns de anos). OBS: Tamén se denomina Criptozoico.

Palabras veciñas

prebostado | prebostal | preboste | Precámbrico | precámbrico -ca | precanceroso -sa | precancro