precipitación
(< latpraecipitatĭōne)
-
s
f
Acción de precipitar ou precipitarse.
-
s
f
Présa excesiva na realización de algo.
Sinónimos: apresuramento. -
s
f
[METEOR]
Auga que procede da atmosfera e que en forma líquida ou sólida se deposita sobre a superficie da terra.
-
s
f
[QUÍM]
Separación dunha disolución en forma de precipitado. A precipitación dun composto a partir dunha disolución pode conseguirse por diversos métodos, tanto físicos como químicos. Dos primeiros cómpre salientar tanto a concentración por evaporación de disolvente como o rozamento, que poden conducir a unha sobresaturación (solubilidade). Dos métodos químicos, o máis empregado é a adición dun reactivo coñecido como precipitante, que pode actuar formando un composto insoluble cos ións ou moléculas existentes no medio considerado, ou ben variando a polaridade deste medio.
Refráns
- Aínda non pariu a cabra e xa o cabrito mama.
- Anda a horne ao trote para levar cachote.
- Anda o home a galope para levar á fin xarope.
- Auga calle con arneiro quen se bota de lixeiro.
- fillo aínda non o ternos e xa nome lle poñemos.
- Inda non asamos e xa pingamos.
- Inda non pariu a cabra e xa o cabrito mama.
- Mentres que está o capador enriba dela, non digas que a parca é túa.
- Non digas Pillei o gato mentres non o teñas no saco.
- Non te botes a cantar, se non sabes o que has cantar.
- O fillo por nacer e as sopas xa están a ferver.
- O sabio pensa as causas e o parvo fainas.