prefabricación

prefabricación

(< pre- + fabricación)

s f [ARQUIT/CONSTR]

Sistema de construción de edificios, buques ou doutras construcións importantes que consiste en utilizar elementos de formas e dimensións normalizadas, fabricados en serie e montados no lugar onde se efectúa a construción, de forma que normalmente se obtén un aforro considerable de tempo e cartos. A prefabricación é parcial cando só se incorporan unha serie de elementos prefabricados á obra de fábrica tradicional, ou total se afecta a todas as partes da construción. Entre as primeiras experiencias, en ferro coado e mais aceiro, cabe salientar o Crystal Palace, en Londres (1851), de J. Paxton, a Sala de Máquinas da Exposición Universal de París de 1889, de Dutert e Contamin, e as diversas experiencias de G. Eiffel. Seguiron os proxectos de edificios e casas realizados no Erkbund, na Bauhaus e polos racionalistas. Partindo da influencia de P. Behrens, W. A. G. Gropius, afondou no tema da estandarización. Tras a Segunda Guerra Mundial a reconstrución de Europa conduciu á prefabricación en masa de vivendas con elementos de formigón.

Palabras veciñas

preexistencia | preexistente | preexistir | prefabricación | prefabricado -da | prefabricar | prefacio