Preguecido, pazo de
Preguecido, pazo de
Construción situada en Aguións (A Estrada). Ten planta en forma de L, con planta baixa e piso. Destaca a cheminea e a decoración da fachada, cun pórtico formado por tres arcos rebaixados e porta arquitrabada á que se accede por unha escaleira. Ten capela anexa, hórreo e pombal. O recinto está amurallado.