prehistórico -ca

prehistórico -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente á prehistoria.

  2. adx

    Que é anterior aos tempos chamados históricos.

  3. arte prehistórica [ARTE/PREHIST]

    Arte propia da época prehistórica. Desde as primeiras fases do Paleolítico Superior hai testemuños artísticos de calidade. Do período auriñacense consérvanse pequenas figuras femininas (Venus de Willendorf) e animais, plaquiñas gravadas ou pintadas e ferramentas de óso decoradas con gravados, como arpóns. Durante o Solutreano e sobre todo o Madalenense produciuse o primeiro gran florecemento da pintura rupestre, con pinturas e gravados feitos sobre as paredes das covas. Durante o Neolítico comezou a coroplastia, especialmente na conca mediterránea, e cara ao final do período e durante a Idade dos Metais comezou a primeira arquitectura monumental, coas tumbas megalíticas do mundo mediterráneo e da Europa Atlántica.