presidente -ta
(< lat praesĭdente)
-
s
Persoa que preside
-
s
[DER]
Persoa que dirixe as deliberacións ou os traballos dun consello, asemblea, xunta, sociedade ou tribunal. Pode ser designado pola súa categoría ou idade, ou ben elixido pola súa capacidade de representar o organismo ante a sociedade.
-
presidente do goberno/do consello de ministros
[POLÍT]
Xefe do goberno nomeado polo xefe de estado de acordo co resultado das eleccións. Nos sistemas de gabinete, como en Reino Unido, o líder do partido gañador é automaticamente designado pola coroa, co nome de primeiro ministro. Nos sistemas parlamentarios continentais, o xefe de estado designa, a proposta do partido gañador nas eleccións, o político que cre idóneo para que teña a confianza do Parlamento.
-
presidente da república
[POLÍT]
Titular que nunha república encarna a representación do Estado. Exerce o supremo poder executivo, polo que nomea e recibe embaixadores, asina os tratados internacionais, promulga as leis, convoca e disolve as cámaras lexislativas, nomea o xefe de goberno e os outros altos cargos políticos e administrativos, ten o dereito de graza e é o xefe dos exércitos. Sempre que exerce as funcións de xefe de goberno, pero sen unha responsabilidade diante das cámaras lexislativas, o seu réxime denomínase presidencialista ou presidencialismo.