pretexta
pretexta
(
-
s
f
[INDUM/HIST]
Toga branca, gornecida cun bordo púrpura, que levaban os fillos home dos patricios romanos ata que chegaban a maioría de idade e as noivas e doncelas ata o matrimonio. Tamén a vestían algúns dos maxistrados (cónsules, pretores, edís curuis, censores), os cargos sacerdotais máis elevados e os maxistrados municipais.
-
fábula pretexta
[LIT]
Traxedia latina de argumento romano en que os actores actuaban vestidos coa toga pretexta.